Raimundo Aguiar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Mondoñedo, España |
Morte | 3 de agosto de 1968 (49/50 anos) Mondoñedo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz |
Familia | |
Pai | Severiano Aguiar Moirón |
Eugenio Raimundo Aguiar Álvarez, nado en Mondoñedo en 1914 e finado en Foz o 3 de agosto de 1968,[1] foi un xuíz e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Severiano Aguiar Moirón. Estudou o bacharelato no Colexio La Sagrada Familia dos Maristas, rematando en 1930.[2] Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela rematando en 1935.[3] Foi membro de Ultreya e miltante do Partido Galeguista, co que participou en varios mitins sendo estudande de Dereito en Compostela,[4][5] e representou á agrupación de Mondoñedo do Partido Galeguista.[6] Co seu paisano Álvaro Cunqueiro defínense como nacionalistas contrarios ao marxismo e forman parte da dereita galeguista.[7] Foi membro da Sociedad Poliesportiva Mindoniense.[8] Colaborou en Galiza, Vallibria, El Pueblo Gallego e El Eco de Santiago.[9]
Na guerra, ao encontrarse en territorio sublevado, combateu no exército franquista.[10] En 1944 participou nas oposicións para ingreso nos Cursos Especiais de Secretaria de Administración Local na Escola Nacional de Administración e Estudos Urbanos,[11] e en 1946 fixo as oposicións para o ingreso na carreira de xuíz comarcal.[12] Foi xuíz comarcal de Ponteceso, e en 1948 pasou a ser xuíz comarcal de Arzúa.[13][14] Finou en Foz o 3 de agosto de 1968,[15] e foi soterrado en Mondoñedo.[16]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de los Remedios González-Redondo Maseda, filla de Jorge González-Redondo Serrano, e foi pai de María Remedios, Luisa María, María del Pilar e María del Carmen Aguiar González-Redondo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 4-8-1968, p. 7.
- ↑ El Ideal Gallego, 5-10-1930, p. 8.
- ↑ Vida Gallega, 20-10-1935, p. 44.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-3-1932, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-7-1934, p. 6.
- ↑ El Progreso, 22-12-1932, p. 2.
- ↑ Suárez, Xosé Manuel (1993). O alzamento de 1936 no norte da Coruña. Sada: Do Castro. p. 61.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10.
- ↑ El Eco de Santiago, 23-4-1934, p. 1
- ↑ Vallibria, 28-8-1938, p. 4.
- ↑ BOE, 16-11-1944, p. 8621.
- ↑ BOE, 16-2-1945, p. 1352.
- ↑ El Progreso, 23-7-1948, p. 7.
- ↑ "Orden de 24 de noviembre de 1961 por la que se promueve a la segunda categoría de Juez comarcal a don Eugenio Raimundo Aguiar Álvarez." (PDF). Boletín Oficial del Estado (289): 17113. 4 de decembro de 1961.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-8-1968, p. 18.
- ↑ El Progreso, 8-8-1968, p. 7.